Urbaser retira a súa proposta de rebaixa salarial
Por Oskar Viéitez
Tras dúas horas de reunión, empresa e traballadores achegaron posturas de cara a solucionar o conflito laboral que vive a concesionaria do servizo municipal de recollida de lixo en Marín, Urbaser.
Neste primeiro encontro na tarde do mércores a dirección da empresa retirou a súa proposta de rebaixar un 13 por cento o salario ao seu equipo e puxo sobre a mesa unha nova proposta para a redacción do convenio.
O delegado de persoal, Javier Castro, explicou que estas novas condicións serán abordadas este xoves nunha asemblea de traballadores, que decidirá os termos cos que se acode a unha nova reunión programada para o venres.
Á espera do que decida o equipo, Castro avanza que o formulado por Urbaser a el lle parece "insuficiente". En liñas xerais a concesionaria salvo a retirada da cuestión salarial mantén a súa proposta de rebaixar os termos do actual convenio.
Ademais da asemblea os traballadores teñen prevista unha nova concentración diante do Concello de Marín e "por suposto", mantense ata a firma do convenio a convocatoria de folga para o 1 de xullo.
Relacionadas:
-
Desconvocada a folga de recollida de lixo de Marín prevista para o luns
Por Redacción |
-
Denuncian que a concesionaria do servizo de lixo en Marín incumpre o contrato
Por Redacción |
-
Os traballadores do servizo de lixo de Marín convocan protestas para evitar a rebaixa do seu salario
Por Anxo Lourido |