Pontevedra acolle o I Festival de Danzas do mundo nesta fin de semana
Por Redacción
Pontevedra celebrará esta fin de semana -de venres a domingo- o primeiro Festival de Danzas do Mundo no que participarán artistas galegos, españois e internacionais con clases de danza, exhibicións e festas. É unha programación pensada para fomentar e promocionar a danza na cidade.
O programa previsto é o seguinte:
Venres, 14 de xuño
- 16.00 - 20.00 horas. Montero Ríos. Clases de danzas urbanas, afrohouse e afrobrasileira.
- 21.00 horas. Montero Ríos. Exhibicións con artistas e as escolas Deborah Alfaya, Jaimaca Santos, Breogán Pérez, New Era, Luizinho e Ariadne, Dance Academy, Asociación Noemí Miúdos, Joao Arriegas e Escola Bambalina.
- 00.00 horas. Sala Jackson. Clase de samba con Jao Arriegas. Festa afrolatina con DJ Carballo.
Sábado, 15 de xuño
- 11.00 - 14.00 horas Montero Ríos e Ferrería. Clases de danzas afrolatinas e latinas.
- 16.00 - 20.00 horas. Montero Ríos e Peregrina. Clases de danzas africanas e afrolatinas.
- 20.00 horas. Ferraría. Roda de casino coa escola de danza o Tomasón.
- 22.30 horas. Montero Ríos. Exhibición con artistas estatais e internacionais: Nuno Pesqueira e Inés Gameiro, José e Rosy, Kizomba Fusión L.J., Diogo e Ana, Joao e Paula, Ana e Esteve, Xurxo e Reyes, Nuno Moreira, O Tomasón, Luizinho e Ariadne.
- 00.00 horas. Montero Ríos. Festa afrolatina con DJ Carballo, Jano, Christian Pérez.
Domingo, 16 de xuño
- 11.00 - 14.00 horas Montero Ríos. Clases de danzas afrolatinos e latinos.
- 16.00 - 20.00 horas. Montero Ríos. Clases de danza africanos e afrolatinos.
- 20.00 horas. Montero Ríos. Exhibición con artistas e escolas: Habana 16, Jano e Marta, Luis e Tania, Estudio L.J., Escola baila conmigo Vigo, Grupo Swing Girls, Aurea Febraio, O Tomasón, Escola Debora Alfaya.
- 22.00 horas. Sala Jackson. Clase de bachata con Raquel Rial e Festa con DJ Jano.
Relacionadas:
-
Unha exhibición multicultural pecha o primeiro Festival Danzas do Mundo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Festival de Danzas do Mundo di adeus este domingo cunha exhibición en Montero Ríos
Por Diego Torrado & Redacción |
-
As danzas do mundo comezan a xirar en Montero Ríos
Por Mónica Patxot & Redacción |