Rafa Domínguez conclúe a distribución de funcións entre os concelleiros do PP
Por Redacción
Rafa Domínguez concluíu este mércores a distribución de funcións entre os concelleiros populares para este mandato 2019 - 2023 anunciando as áreas que asumirán Pablo Fernández, Silvia Junco e Martín Martínez.
"Tres perfiles moi comprometidos, cargados de ilusión e que sen dúbida traballarán intensamente por defender os intereses de Pontevedra e dos seus veciños", sinalou o portavoz popular.
Así, o seu número 3, Pablo Fernández, encargarase das áreas de Urbanismo e Ordenación do Territorio; e de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos.
Pola súa banda, Silvia Junco ocuparase das áreas de Benestar Social, Igualdade e Turismo e por último, Martín Martínez asumirá as áreas de Medio Rural e de Medio Ambiente.
Tras anunciar as funcións que asumirán os nove concelleiros do Partido Popular no Concello de Pontevedra durante os próximos anos, "desde xa nos poñemos a traballar para defender os intereses dos nosos veciños", sinalou o líder dos populares.
Relacionadas:
-
O PP define as seis medidas prioritarias que marcarán o seu labor de oposición
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez exercerá como portavoz municipal do PP e resérvase a área de Emprego
Por Redacción |
-
Pepa Pardo, Gerardo Pérez Puga e Juan Manuel Muñoz, o 'equipo económico' de Rafa Domínguez
Por Alejandro Espiño |