A Universidade creará unha nova facultade en Pontevedra unicamente para o grao en Deseño e Creación
Por Oskar Viéitez
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, referiuse este mércores en Pontevedra aos traballos para a implantación no campus de Pontevedra do grao en Deseño e Creación no curso 2020/2021, despois de que a Xunta de Facultade de Belas Artes rexeitase a memoria da titulación.
Explicou que a Universidade optará polo "nomeamento dun decano comisario" e a creación dunha nova facultade "que terá inicialmente esta titulación como única oferta".
"Esperamos que en setembro finalicemos o procedemento", indicou Reigosa, que descarta construír un novo edificio e opta porque as clases se impartan en Ciencias Sociais ou Forestais, onde hai espazo.
O reitor subliñou que se trata dun grao "que encaixa como unha luva" dentro do Campus Crea e incidiu tamén en que a institución académica atópase "traballando intensamente" para someter o proxecto de especialización aos procesos de avaliación.
Relacionadas:
-
A Universidade aproba a creación da Facultade de Deseño e Creación en Pontevedra
Por Redacción |
-
Deseño e Creación terá facultade propia en Pontevedra dentro de Belas Artes
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A creación da Facultade de Deseño e Creación, en suspenso
Por Redacción |
-
A Universidade propón instalar un embarcadoiro na Xunqueira para deportes náuticos
Por Redacción |
-
Silvia García dimite como decana de Belas Artes
Por Redacción |
-
A Universidade quere implantar un itinerario en galego no grao de Comunicación Audiovisual
Por Redacción |
-
O Concello vería "fantástico" unha titulación sobre videoxogos no campus e ofrece a súa colaboración
Por Alejandro Espiño |
-
O campus de Pontevedra pelexará por introducir novas titulacións que "establezan sinerxias" coas xa existentes
Por Diego Espiño |