Os socialistas de Moraña consideran que a imputación de Luisa Piñeiro fai que non sexa "idónea" para ser alcaldesa
Por Oskar Viéitez
Os socialistas de Moraña, reunidos en asamblea, acordaron solicitar ao Partido Popular de Moraña que no próximo pleno de investidura se absteña de propoñer como Alcaldesa a Luisa Piñeiro Arcos, "por non considerala idónea para o citado cargo" debido á "imputación dentro da peza separada da Operación Patos".
"O código ético do Partido Socialista contempla no otorgar cargo público a persoa imputada", afirmaron nun comunicado, polo que, "en coherencia co noso ideario", entenden que a situación procesual de persoa investigada da actual rexedora en funcións "inhabilitaa para acceder o próximo día quince á Alcaldía de Moraña".
Engade o comunicado do PSOE que, do mesmo xeito, "e respectando en todo momento o principio de presunción de inocencia", consideran "grave" que se acollera ao dereito que únicamente teñen os investigados a non declarar contra sí mesmos.
"Tendo en conta, e en relación coa premura coa que alega Luisa Piñeiro ser citada a declarar, entendemos que incurre en falsedade, por ser todos e todas coñecedores de que os xulgados notifican aos investigados en tempo e forma, tempo que entendemos coincidiu coa campaña electoral", di o escrito do Partido Socialista.
O grupo municipal do PSOE ten intención de solicitar un pleno extraordinario para debater este asunto.
Relacionadas:
-
A alcaldesa de Moraña comparece como investigada nunha peza da operación Patos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada