Rueda responderá no Parlamento á polémica sobre o trato ao xurado na Audiencia
Por Redacción
O trato aos cidadáns que formaron parte do xurado do coñecido como crime da rozadoira volverá ao Parlamento galego. Será a través dunha pregunta que a deputada socialista Patricia Vilán formulará ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no pleno deste mércores.
A pregunta concreta será se cre realmente o goberno da Xunta de Galicia na institución do xurado popular á vista do abandono que, segundo o PSdeG-PSOE, sufriron os membros do tribunal popular deste xuízo, celebrado na sección segunda da Audiencia de Pontevedra.
Vilán recorda que o xurado estivo dous días enteiros deliberando e, polo tanto, incomunicados para chegar a un veredicto. A pesar diso, a Dirección Xeral de Xustiza do goberno da Xunta de Galicia non lles dotou dos medios necesarios.
Así, como xa denunciaron publicamente, as persoas que formaron parte do xurado non recibiron botellas de auga nas horas que duraron as sesións de deliberación, nin comida "decente", tiveron que ir cear a unha bocatería escoltados pola Policía Nacional e non tiñan habitacións dispoñibles para pasar a noite.
"Foi todo unha absoluta imprevisión", sinala a deputada socialista, que apunta a que foi o persoal da Audiencia quen tivo que "solucionar" un problema creado pola Xunta de Galicia.
Patricia Vilán recorda que hai anos eran os traballadores da Xunta de Galicia quen xestionaban este tipo de trámites, "pero a Dirección Xeral de Xustiza desentendeuse do tema e, polo tanto, o conselleiro de Xustiza, o señor Rueda".
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda pide desculpas en nome da Xunta pola desatención do xurado popular no xuízo do crime da rozadora
Por Redacción |
-
Piden a dimisión do director xeral de Xustiza por cuestionar os horarios dos funcionarios
Por Redacción & Natalia Puga |
-
As "andrómenas" do director xeral de Xustiza, que cuestionou o traballo dos funcionarios e causou enfado na Audiencia
Por Natalia Puga |
-
Funcionarios de Xustiza piden a dimisión do director xeral pola polémica dos xurados da Audiencia
Por Redacción |
-
Xustiza culpa á Audiencia da deficiente atención ao xurado do crime da rozadoira
Por Alejandro Espiño |