Localizan en Ons á deriva a zodiac do incidente de Foxos
Por Redacción
A Garda Civil do Mar localizou á deriva este domingo nas inmediacións da illa de Ons á zodiac do contratempo que sufriron dúas persoas na praia de Foxos.
Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo, o incidente tivo lugar o pasado sábado cando o tripulante da lancha caeu ao mar por culpa da ondada accionando involuntariamente na súa caída a panca do gas do motor da embarcación, saíndo esta sen control cara ao interior da ría.
Esta persoa tivo que ser rescatada das rochas polo helicoptero Pesca-I con feridas mentres que o seu compañeiro que practicaba submarinismo alcanzou a praia polos seus propios medios.