"No quiero venganza lo que pido es Justicia", di a viúva do garda civil tiroteado
Por Oskar Viéitez
A viúva do garda civil Jorge Piñeiro Lorenzo, falecido no atraco a un banco da Cañiza, reclamou este mércores "Justicia", tras a segunda sesión do xuízo que senta no banco dos acusados aos tres atracadores.
O protagonismo nesta xornada foi para o cabo Alfonso José Riveiro Cabaleiro que relatou ante o tribunal da Audiencia de Pontevedra a súa versión do acontecido en agosto de 2010 cando acudiron á sucursal da Cañiza.
"Nos estaban esperando. Yo lo encuentro encañonándome", asegurou o axente. Ao entrar no local onde estaban a practicar o butrón, un dos acusados, José Vilar, xa lles estaba a apuntar coa pistola, explicou o garda civil.
"Déjame marchar y aquí no pasa nada, decía el hombre mientras venía con la pistola apuntando hacia mi", indicou o cabo, "en ese momento le echo la mano a su arma y se oye una detonación, yo bajo el arma y detono de forma instintiva. En ese momento nos separamos y él empieza a gritar: cabrón, me has dado en la garganta y empieza a disparar", relató.
O garda civil abalanzouse cara ao atracador e durante o forcexo foi alcanzado en tres ocasións, pero aínda así puido reducir e esposar o sospeitoso. O seu compañeiro de patrulla, Jorge Piñeiro, non tivo tanta sorte e recibiu cinco disparos. "Al verle tirado en el suelo mi cabeza solo estaba pensando en los hijos de mi compañero", sinalou José Riveiro.
A viúva e a familia do garda civil falecido escoitaba este relato sen poder conter as bágoas, pola contra os acusados José Vilar "Pepiño" e Martíns "o peque " sorrían visiblemente ante a atenta mirada de once policías que vixiaban na sala aos tres acusados.
O fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, modificou a súa petición inicial de penas solicitando unha condena de 25 anos e oito meses de prisión para acada un dos acusados. Inicialmente o fiscal só pedía 25 anos para "Pepiño" e unha pena sensiblemente menor de cinco anos, para os outros dous atracadores.
Segundo explicou á saída do xuízo, Juan Carlos Aladro, o cambio de criterio obedece a que entende que os tres "dominaban a acción e a intención non era só roubar senón cantas consecuencias accesorias" foran necesarias.
As defensas pediron ao tribunal que tivera en conta a drogadicción de dous dos acusados e o avogado de Fernando Condines alegou mesmo dilacións indebidas.
Ao finalizar o xuízo, Eva María Hernández, viúva de Jorge Piñeiro, aseguro que "tenía la esperanza de que el Fiscal cambiase su acusación, ahora estoy contenta y espero que todo salga bien".
"No quiero venganza ni nada de eso, yo lo que pido es Justicia, sobretodo por mis hijos, porque han dejado a tres niños huérfanos y por mi que me han destrozado la vida", dixo a viúva.
En canto á actitude dos acusados durante o xuízo Eva María Hernández afirma que "no se les puede llamar personas, no tienen escrúpulos ni conciencia, les da igual. Su reacción es la que puede tener un individuo de esas características".
"Yo pertenezco a una Plataforma en la que hemos vivido los casos de otros amigos que han perdido a sus hijos asesinados de una forma muy cruel y prácticamente todos estos individuos reaccionan así por lo que ya me lo esperaba".
"Pedimos dignidad para las víctimas, que nos traten como merecemos", concluíu.
Relacionadas:
-
Os atracadores da Cañiza piden perdón á viúva e aos orfos do garda civil falecido
Por Oskar Viéitez |
-
'El Peque' que revolucionou o Avelino Montero enfróntase a 25 anos máis de cárcere
Por Oskar Viéitez |
-
O atracador que matou un garda civil asegura que os seus disparos foron fortuítos
Por Oskar Viéitez |