A área sanitaria informatiza o proceso de medicación para evitar erros
Por Oskar Viéitez
A área sanitaria está a rematar un amplo sistema de informatización do proceso de medicación mediante a ferramenta SILICON nas súas unidades de hospitalización, "que evita erros de interpretación e garante a trazabilidade dos fármacos durante todo o proceso", segundo explica o SERGAS nun comunicado.
Tamén se están a dotar gradualmente ás unidades de novos carros de medicación cun computador integrado, que permite ao persoal de enfermaría preparar e administrar a medicación ás portas das habitacións dos pacientes.
Xunto ao recente reforzo da formación do persoal de enfermaría, a través do proxecto formativo 5+5, tamén se lles comezou a distribuir un chaleco especial coa mensaxe "Non interromper, preparando e administrando medicación".