Luz verde ás expropiacións para executar as obras da PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción
O Consello da Xunta autorizou este xoves o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras da segunda fase de mellora na estrada autonómica PO-235 ao seu paso polo concello da Lama.
A intervención dispón dun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros, aos cales se engaden máis de 40.000 euros para o pagamento dos 109 predios necesarios para dar continuidade ao tramo de máis de 2 quilómetros rematado en outubro de 2018.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a contratación das obras no verán e procederá ao levantamento de actas previas no terceiro trimestre de 2019.
A nova intervención comprende actuacións en dous subtramos que suman máis de 5 quilómetros e inclúen a ampliación da plataforma da estrada ata acadar os 6,5 metros e a rectificación de curvas, entre outros traballos.
Estas obras dan continuidade ás acometidas na primeira fase de mellora desta estrada ao seu paso polo municipio pontevedrés, sumando un investimento que supera os 2,1 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Impulso á mellora da PO-235 na Lama coa redacción do proxecto da terceira fase de actuación
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo comprométese a redactar o proxecto da PO-235 en Seixido neste 2019
Por Redacción |
-
Comeza a fase das expropiacións para a segunda fase da mellora da estrada na Lama entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
1,5 millóns de euros irán destinados á segunda fase de mellora da estrada de Seixido, na Lama
Por Redacción |
-
Avanza a tramitación da segunda fase da mellora da estrada PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
O PP na Lama, molesto coa Xunta pola ausencia de novos investimentos na estrada de Seixido
Por Redacción |