O alumnado de Ponte Sampaio ben merece a 'Compostela'
Por Redacción
O alumnado do colexio público de Ponte Sampaio non fixo ningún tramo completo do Camiño de Santiago, pero o coñecemento que ten da ruta xacobea ben o fai merecedor da Compostela como recompensa. Despois de todo o curso realizando traballos arredor do itinerario de peregrinación, esta semana tiveron o colofón cunha visita a Santiago de Compostela.
Todo o alumnado do centro e o seu profesorado participou na visita á capital de Galicia. Pasaron alí toda a xornada do martes realizando actividades coa que o equipo directivo dá por rematado o proxecto sobre o Camiño de Santiago.
Por quendas, todos os escolares participaron nunha completa programación que incluíu unha visita ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde realizaron unha visita guiada e un obradoiro final, e percorridos pola Catedral de Santiago, o Panteón de Galegos ilustres, o Museo do Pobo Galego e as zonas máis emblemáticas da Alameda de Compostela.
Ademais, realizaron un percorrido no tren turístico de Santiago para coñecer en profundidade a capital de Galicia e un roteiro guiado polo casco histórico compostelán a modo de xincana para coñecer prazas e lugares importantes, percorrendo tamén un anaco do Camiño De Santiago.
Nesta actividade participou todo o alumnado e profesorado do centro e contou coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela para xestionar as necesidades derivadas das inclemencias do tempo ese día.
Relacionadas:
-
É tempo de magostos no colexio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O cinema como ferramenta de aprendizaxe para o novo curso escolar no CEIP Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Toda a comunidade educativa de Ponte Sampaio implícase na Festa dos Maios
Por Redacción |
-
Begoña Vila, unha científica viguesa na NASA que marca camiño para as futuras astrofísicas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Hoxe a clase celébrase no Camiño de Santiago
Por Redacción |