Silvia García dimite como decana de Belas Artes
Por Redacción
Despois de que a Xunta de Facultade votase en contra, hai tres semanas, da memoria da titulación do grao en Deseño e Creación que se proxectaba implantar en Belas Artes no curso 2020-2021, a decana deste centro, Silvia García, presentou este xoves á súa dimisión, que anunciou en Xunta de Facultade. "Dimito pola perda de confianza que supón non levar adiante o proxecto", explica a profesora do Departamento de Pintura, que se atopaba á fronte do Decanato desde 2015.
"Presento a miña dimisión porque despois de anos de traballo, a memoria da titulación do grao en Deseño e Creación non foi aprobada pola Xunta de Facultade e resulta, por suposto, un fracaso persoal", explicou García na reunión deste órgano colexiado.
Segundo informa do Diario da Universidade de Vigo, con respecto á nova titulación, o reitor, Manuel Reigosa, reafirmou este mércores na sesión do Claustro Universitario celebrada en Vigo a postura da institución académica de seguir buscando o xeito de implantar o grao no campus no curso 2020-2021.
Á espera da decisión que se adopte desde a Reitoría, García salientou que "é necesario convocar eleccións e que se presenten aquelas persoas que teñen un proxecto para a facultade".
Tras exercer previamente como coordinadora Erasmus e como vicedecana, García sucedeu ao profesor Juan Carlos Meana á fronte do Decanato en 2015 e foi reelixida en marzo do pasado ano, nunha votación á que se presentou cun equipo que completaban os docentes Begoña Paz, Marcos Dopico e Carlos Tejo como videceanos e o PAS Maximino Villaverde como secretario académico.
Relacionadas:
-
Silvia García presenta o seu libro de propostas para usar a arte contemporánea nas aulas
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara: Nena, sorrí e mira á cámara
Por Marisa Ciordia |
-
Deseño e Creación terá facultade propia en Pontevedra dentro de Belas Artes
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A creación da Facultade de Deseño e Creación, en suspenso
Por Redacción |
-
A Universidade creará unha nova facultade en Pontevedra unicamente para o grao en Deseño e Creación
Por Oskar Viéitez |
-
A Universidade quere implantar un itinerario en galego no grao de Comunicación Audiovisual
Por Redacción |
-
O Concello vería "fantástico" unha titulación sobre videoxogos no campus e ofrece a súa colaboración
Por Alejandro Espiño |