Incautan 17 quilos de ameixa en Poio duns furtivos que se deron á fuga

Por Redacción
Axentes da Policía Autonómica da sede de Pontevedra veñen de incautar 17,6 quilos de ameixa, tras un dispositivo de vixilancia levado a cabo na zona de Campelo e Combarro en colaboración con gardas rurais da Confraría de San Telmo.
Fontes oficiais da Consellería de Presidencia informaron que durante a vixilancia, os axentes observaron a dous varóns extraendo bivalvo de xeito furtivo.
Ao detectar a presenza policial, déronse á fuga e esconderon un saco que contiña a ameixa. Os axentes procederon a incautar ese saco, e devolver os bivalvos ao mar.
A extracción estaba a producirse de xeito ilegal, ao carecer de permiso ou autorización, e tiña ademais como destino final o consumo humano, o que supón un risco para a saúde das persoas.
O investigado acumula varios expedientes sancionadores por infraccións da Lei de Pesca de Galicia, con máis de 120 actos e máis de 1.300 quilos de ameixa.
Relacionadas:
-
Investigan por reincidencia "aos dous furtivos de sempre"
Por Redacción |
-
Sorprenden, unha vez máis, a tres furtivos habituais extraendo ameixa na praia de Cabeceira
Por Redacción |
-
Localizan dous varóns extraendo ameixa de xeito furtivo na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Interceptan un autocaravanista alemán que se fixo pasar por mariscador e colleu 8 quilos de ameixa en Poio
Por Natalia Puga |
-
Interceptan un turismo con máis de media tonelada de ameixa ilegal na AP-9 en Caldas
Por Redacción |
-
A Policía Local intercepta un furtivo na Reiboa con 10 quilos de ameixa xapónica
Por Redacción |
-
Interceptan dous furtivos con 20 quilos de ameixa extraídos dunha zona pechada pola toxina
Por Redacción |
-
Localizan dous furtivos con 21 quilos de ameixa viva no maleteiro
Por Natalia Puga |