Unha escopeta e unha espada de xoguete mobilizan aos Bombeiros e a Policía Local
Por Oskar Viéitez
Efectivos do parque de Bombeiros de Pontevedra e unha patrulla da Policía Local foron mobilizados este mércores por culpa dunha escopeta e unha espada de xoguete.
Foi un particular quen se puxo en contacto coa Policía ao descubrir unha escopeta e unha espada no leito do río Lérez.
A marea baixa destes días deixou á vista o que parecía un arma de fogo nas inmediacións da ponte do Burgo.
Alertado polo que parecía un fusil de fogo real, esta persoa avisou ás forzas da orde.
Á súa vez os axentes da patrulla que acudiron ao lugar requiriron o auxilio dos bombeiros que cun dos seus camións presentáronse na beirarrúa fronte ao Mercado de Abastos e baixaron ao río para facerse coa arma.
Nada máis coller a escopeta pola culata esta rompeu, e é que era un xoguete de plástico, do mesmo xeito que a espada, neste caso de madeira, similar ás que se venden durante a Feira Franca.