350 escolares celebran o Día do Medio Ambiente no campus universitario
Por Redacción
A Escola de Enxeñería Forestal promoveu diferentes actividades no centro e na Illa das Esculturas para os escolares celebraran este mércores o Día Mundial de Medio Ambiente no campus universitario.
Juan Picos, director da Escola, explica a Eduardo Muñiz no DUVI que con esta proposta quere transferir coñecemento e mensaxes ambientalmente positivas á cidadanía a través dun grupo de escolares de cursos que van desde primeiro de primaria ata Bacharelato.
Desta forma, estudantes do Marcos da Portela, Cabanas e Manuel Vidal Portela, de Pontevedra; O Toural, de Vilaboa; Eduardo Pondal, de Cangas, Isidoro Riestra, de Poio; e dos institutos Luis Seoane, de Pontevedra, e Pazo da Mercé de As Neves participaron nesta conmemoración, ao ser centros pertencentes á Rede de Escolas Unesco, que coordina en Galicia, Luisa Márquez.
O alumnado sumouse ao "reto viral" que propoñía as Nacións Unidas de facerse unha foto coa boca tapada, despois de amosarlles diferentes vídeos. Tamén realizaron actividades con xogos na Illa das Esculturas e aprenderon a medir masas forestais.