Unha muller resulta ferida nunha colisión en Cambados
Por Redacción
Ás 9.30 desta mañá, dous vehículos colisionar nas proximidades ao polígono industrial do Salnés. O impacto producíase entre unha furgoneta de empresa e un turismo particular. Unha muller, María Elisa Viñas, de 57 anos de idade e veciña de Vilanova de Arousa resultaba ferida no accidente.
Un particular alertaba o Servizo de Emerxencias do 112 e ata a zona desprazáronse axentes da Policía Local, membros de Protección Civil de Cambados e unha ambulancia que trasladou a muller ferida a un centro hospitalario para realizar unha exploración das feridas sufridas.