O PSOE respalda a Carmela Silva para que continúe como presidenta da Deputación
Por Redacción
A dirección do PSOE pontevedrés elixiu por unanimidade a Carmela Silva como candidata para continuar presidindo a Deputación de Pontevedra. Así o confirmaba o secretario xeral David Regades este martes despois do encontro da Comisión Executiva Provincial. A decisión deberá ser ratificada polo Comité Provincial que se reunirá o vindeiro 17 de xuño, unha cita na que tamén se decidirán as persoas que se converterán en deputados provinciais.
Na reunión deste martes analizaban os resultados socialistas nas eleccións municipais e Regades afirmaba que o PSOE quedou a un só asento de obter a maioría absoluta na Deputación, despois de sumar tres novos deputados, dous polo partido xudicial de Vigo e un polo de Pontevedra.
Regades apuntou que o partido ten como obxectivo facilitar todos os gobernos de progreso posibles nos concellos da provincia. Sinalou que en 23 concellos se atopan en disposición de liderar gobernos e noutros nove poden ostentar responsabilidades durante os vindeiros catro anos.
Segundo os datos que manexan desde o PSOE, 719.849 veciños da provincia contarán con gobernos de progreso coa participación do PSdeG- PSOe, un 76,43% dos preto de 950.000 habitantes que ten Pontevedra, fronte aos 221.923 habitantes que contarán cun goberno do Partido Popular.
O secretario xeral destacaba os grandes resultados obtidos, entre outros Concellos, en Cuntis ou en Ponte Caldelas, onde obtiveron catro e cinco concellerías máis respectivamente.
A executiva provincial, sinalou Regades, ten previsto apoiar aos grupos municipais e ás executivas locais para a constitución dos gobernos nos distintos municipios, de fronte ao próximo 15 de xuño cando deberán constituírse. David Regades indicou que desde a executiva socialista defenderán a autonomía local nestes procesos de negociación.
Relacionadas:
-
O comité do PSOE confirma a Carmela Silva para continuar á fronte da Deputación
Por Redacción |
-
César Mosquera repetirá como deputado do BNG na Deputación de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG, sen "data límite" para negociar co PSOE: "Non podemos andar con présas"
Por Alejandro Espiño |
-
Avante Poio abre a porta a un pacto con BNG e PSOE porque "a rexeneración ten que darse dende a esquerda"
Por Diego Espiño |
-
As negociacións para o goberno da Deputación, para despois do 15 de xuño
Por Natalia Puga |
-
Os socialistas quedan a un só escano da maioría absoluta na Deputación
Por Oskar Viéitez |