RADIO.- A gruta de Gizamaluke despide esta tempada coa retransmisión da E3
Por Redacción
A gruta de Gizamaluke tómase un descanso estival despois de vinte e oito capítulos na súa primeira tempada. O programa e podcast que conduce Carlos Pereiro, xestor da revista Morcego, retomará a súa actividade no mes de setembro.
Con esta última entrega de tempada, xunto a Ana Beloso e Juan Sanmartín, avanzan os detalles e preparativos da retransmisión da E3, a Electronic Entertainment Expo, a través de Twitch en colaboración con Revolution Podcast. Será o vindeiro domingo 9 a partir das 21 horas.
Ademais desa retransmisión, 'Que pasa non mundo?'. Nesta sección falan do anuncio de Xbox para a E3, onde mostrarán ata catorce videoxogos; da chegada de 'Spyro Reignited Trilogy' para PC; da recentísima presentación de 'Call of Duty: Modern Warfare' da acollida de 'Fallout 76' ou da incorporación do ourensán Miguel Areán á directiva da Asociación Española de Empresas Produtoras e Desarrolladoras de Videoxogos e Software de Entretemento ( DEV).
Tamén descenden polos escenarios e personaxes do título de Kojima Productions 'Death Stranding', videoxogo de acción en mundo aberto, publicado por Sony para PlayStation 4. Todos os detalles no podcast de PontevedraViva Radio.