O PP esixe a cubrición e o axardinamento total da praza de Valentín García Escudero
Por Redacción
O Partido Popular esixe ao goberno local unha rectificación do proxecto para a praza de Valentín García Escudero. A concelleira María Biempica demandou a cubrición e o axardinamento completo de todo o espazo, "porque es de dominio público el malestar vecinal causado por la actuación parcial que está ejecutando la Administración local tras siete años de absoluto abandono".
Biempica propuxo dúas alternativas para solucionar o que denominou "un simple parche más de un gran despropósito urbanístico". En este sentido, o PP aposta por deixar unhas pegadas en superficie do trazado da antiga muralla como xa se fixo noutros puntos da cidade, como no tramo entre a Ferrería e a praza de Curros Enríquez, ou instalar unhas ventás arqueolóxicas similares as que existen para a Piscina Romana da praza de Santa María de Lugo ou os restos romanos das Burgas, en Ourense.
Sobre este último suposto, a concelleira matizou que se trata de investimentos relativamente modestos (104.000 e 176.000 euros, respectivamente) que achegan un importante valor engadido e permiten preservar os vestixios de xeito eficiente. Pediu ademais que esta actuación integre a Ponte do Burgo e as zonas próximas ao Parador de Turismo.
A maiores, defendeu que os veciños están "radicalmente en contra" da cubrición parcial, e non porque rexeiten a recuperación da memoria de cidade, "sino porque llevan siete años soportando un estercolero que aún ahora no desaparecerá". A concelleira popular pediu ao edil responsable desta actuación, Luis Bará, "que recapacite y evite nuevos deterioros en la zona".
Concluiu María Biempica criticando a "desorientación municipal" neste proxecto, algo que, dixo, "resultou evidente a lo largo de todo este tiempo", ao executarse todas as accións fotográficas, de catalogación e de arquivo necesarias, "y porque existen alternativas evidentes para compatibilizar la conservación de los restos arqueológicos y la habilitación de un área de ocio como la que se les prometió reiteradamente a los vecinos".