Comezan as obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns
Por Redacción
Esta semana comezaron as obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns. Despois do proceso de licitación, a mesa de contratación propoñía á UTE formada por Ramírez, Abal e Revivis como empresas adxudicatarias das obras para converter este histórico inmoble nun museo do patrimonio cultural.
O orzamento final da obra, supón unha baixada de 100.000 euros, con respecto ao orzamento de licitación ata deixalo en 1.819.304 euros.
O Pazo de Quintáns albergará a historia de Sanxenxo. Na planta baixa do edificio principal acondicionaranse unha tenda, oficinas e o recibidor principal das instalacións. E, na planta superior, habilitaranse 5 salas. Unha delas será un miradoiro galería á "paisaxe máis bonita de Galicia" como destacou Otero Pedrayo.
Haberá dúas salas de exposicións permanentes e unha de exposicións temporais. Ademais, tamén se acondicionará unha sala de proxeccións.