Manaia convoca á cidadanía a reflexionar sobre adopción e acollemento
Por Oskar Viéitez
Manaia, asociación galega de adopción e acollemento, coa colaboración do Concello de Pontevedra e Xunta de Galicia, celebra a terceira edición dun congreso referente no país para reflexionar sobre a adopción e acollemento de nenos e adolescentes.
Ponentes de primeiro nivel achéganse a Pontevedra para dar testemuña do que se está a facer e do camino que hai que percorrer para ter unha sociedade que cumpra cos dereitos da infancia e cubra todas as necesidades dos menores na medida de adopción e acollemento.
O congreso galego de adopción e acollemento terá lugar os días 31 de maio e 1 de xuño no Pazo de Cultura de Pontevedra.
A conferencia inaugural estará a cargo da doutora en socioloxía María José Rodrígue,z que é académica e investigadora do departamento de Socioloxía da Universidade de Alacante e que falará da "Sociología de las adopciones: opiniones y actitudes de la sociedad española sobre el acogimiento y la adopción de niñas y niños".
Ademáis na primeira xornada a subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia. Xunta, Cristina Blanco Aragón informará das novidades na regulación de adopción internacional; e a presidenta da Asociación de Familias Adoptivas Multiétnicas (AFAM) de Granada, Concha Campos. abordará "El proceso de transición del acogimiento a la adopción. Vínculos entre familias de acogida y familias adoptivas".
No programa, tamén nesta primeira xornada, se inclúe un faladoiro sobre a familia acolledora dende dous puntos de vista.
E sobre a adopción aberta, disertará da súa "Complexidade e especificidade", María José López Torrón que forma parte do equipo técnico do menor da Consellería de Política Social e as doutora en psicoloxía Beatriz San Román e en socioloxía María José Rodríguez farán uns aportes sobre este mesmo tema.
Ademáis haberá algunhas testemuñas do proceso de adopción en primeira persoa, con Anne Cath nada en Sri Lanka e adoptada en Francia, Chandra Clemente, nada en Nepal e adoptada en España e Xabier nado e adoptado en Euskadi por unha familia emigrante galega.