A escola de moda de Pontevedra é única representante española na Graduate Fashion Week
Por Redacción
Milleiros de persoas pasarán entre o 2 e o 5 de xuño pola Truman Brewery de Londres con motivo da celebración da Graduate Fashion Week, o evento no que 38 universidades e escolas de moda británicas presentan as colección dos seus novos titulados e que se completa á súa vez cunha pasarela internacional que reúne 44 centros de todo o mundo e no que a Escola de Deseño e Moda de Galicia, a Esdemga, será por terceiro ano consecutivo a única representante española.
"Para nós desde logo é moi importante participar nun evento para o que fan unha selección das mellores escolas do mundo", salienta no Diario da Universidade de Vigo a directora dos estudos que se imparten na Facultade de Belas Artes, Lola Dopico.
Esdemga estará representada sobre a pasarela por "Frágil", a colección que constituíu o traballo de fin de estudos de Paloma García, que esta egresada presentou na última edición de Debut.
Concretamente, Paloma García presentará nesta pasarela seis dos estilismos que integraban o seu proxecto de fin de estudos, que define como un traballo "autobiográfico, experimental, interdisciplinar e psicolóxico... un pouquiño psicótico, un pouquiño caótico, melancólico, divertido, contraditorio e irreverente".
Relacionadas:
-
Esdemga convida á cidadanía a debutar como modelo
Por Redacción |
-
Catro estudantes da Esdemga deseñan unha nova colección para Zara
Por Alejandro Espiño |
-
Alumnas de Esdemga enchen de cor coas súas propostas a Casa Galega da Cultura
Por Redacción |
-
Raquel Barbosa triunfa na pasarela Debut, un espectáculo de creatividade e cor
Por Redacción |