Uns 4.600 quilos de alimentos recibidos en Pontevedra e Marín no Maio Solidario de Gadis
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu esta fin de semana uns 4.600 quilos de comida na Operación Quilo desenvolta en varios establecementos Gadis de Pontevedra e Marín, dentro da campaña Maio Solidario.
Estes preto de 4.600 quilos de alimentos recibidos o venres e o sábado é só unha cifra provisional, xa que, en próximas datas, haberá que sumar todo o recolleito durante este mes de maio nos supermercados, así como a achega comprometida por Gadis.
Na recollida de alimentos participaron unhas sesenta persoas voluntarias en Pontevedra e Marín.
O Maio Solidario, impulsado desde fai xa sete anos por parte da cadea galega, enmárcase dentro do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu máis de 255.000 quilos de comida durante 2018 en Pontevedra, unha cifra que forma parte do preto de 1,8 millóns de quilos de alimentos contabilizados e entregados en toda a provincia.