Trasladan ao Provincial unha menor tras o incendio dunha vivenda en Pontevedra
Por Redacción
Unha nena menor de idade foi trasladada ao Hospital Provincial tras un incendio rexistrado nunha vivenda de Pontevedra, segundo informou o 112 Galicia.
A menor, ao parecer, presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
Segundo os datos facilitados polos servizos de emerxencias, o lume afectou á instalación eléctrica da casa e a causa que o orixinou foi un curtocircuíto.
Os feitos sucederon na rúa de Simón Bolívar pouco despois das nove da noite. Foi un particular o que contactou co 112 Galicia para alertar do incendio.
A partir de aí, ata o lugar do suceso desprazáronse os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local, membros de Protección Civil de Pontevedra e efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.