Tortelini de atún claro ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita da cociña italiana: os tortelini. Este prato, xurdido na rexión de Emilia-Romaña, cosiste nunha variedade de pasta con forma de anel que acostuma rechearse con carne, verduras ou queixos.
Conservas Pescamar propón uns tortelini moi especiais, grazas á textura e o sabor dun do seus produtos máis prezados: o atún claro.
O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.
Para preparar uns deliciosos Tortelini de atún claro ao estilo gourmet de Conservas Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 250 gr. de pasta fresca para tortelini
- 2 latas de atún claro en aceite de oliva Pescamar
- Pan relado (opcional)
- 100 gr. de queixo parmesano relado
- Para a salsa de tomate:
- 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
- 1 cebola mediana
- 2 dentes de allo
- 4 tomates maduros
- Ourego ou alfábega fresca
- Sal
- Pementa negra
Preparación:
Procedemos a preparar a salsa de tomate. Na tixola poñemos o aceite de oliva a quentar. A lume medio, engadimos a cebola picada. Cando comece a facerse, incorporamos os dous dentes de allo cortados moi finos e fritimos dous minutos.
Namentres, pelamos os tomates, retirámoslles a polpa e picámolos. Engadimos á tixola e deixamos cociñar a mestura a lume lento durante 25 minutos. Remexemos suavemente ata que se forme unha salsa espesa. Rectificamos de sal e engadimos o ourego ou a alfábega, previamente picados, ou unha mestura das dúas herbas, segundo o noso gusto, e a pementa negra. Reservamos a salsa.
Preparamos agora o recheo. Tomamos o contido das dúas latas de atún claro en aceite de oliva Pescamar, previamente escoado, e poñémolo nun bol. Engadimos un pouco da salsa de tomate, removendo a mestura ata que estean fundidos os dous ingredientes. Se se desexa, para dar maior consistencia, pódese engadir un pouco de pan relado ou de queixo parmesano. Formamos varias bólas pequenas coa mestura. Reservamos.
Estiramos a pasta fresca e cortamos cadrados de entre 6 e 8 centímetros de lado. Colocamos unha bóla de recheo no centro de cada cadrado e dobramos formando un triángulo. Cun pouco de auga mollamos os bordos e apertamos suavemente cos dedos ata que queden selados. A continuación, volvemos dobrar a pasta unindo as dúas puntas máis afastadas ata obter a forma enrolada propia do tortelini. Deixamos repousar cada peza sobre unha superficie lixeiramente enfariñada.
Unha vez que os tortelini están secos e consistentes, procedemos a cocelos en abundante auga cun pouco de sal uns 8 minutos.
Para servir, escorremos os tortelini e colocámolos nunha fonte ou bandexa. Vertemos por riba a salsa de tomate quente, o queixo relado e unhas follas sobrantes das herbas aromáticas que usamos para a salsa.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
Empanadillas fritas de atún claro Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Atún Pescamar sobre maki con vinagreta
Por Noticia patrocinada |
-
Croquetas de bonito do norte ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Shakshuka con filetes de xarda Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Empanadillas de bonito ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |