O sol retorna ás Rías Baixas de cara á xornada electoral do domingo
Por Redacción
Este xoves, unha fronte pouca activa que entre polo litoral atlántico provocará que os ceos permaneza parcialmente cubertos, con choivas débiles durante a mañá. A partir da tarde, segundo as previsións de Meteogalicia, iranse abrindo os claros, coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional nas zonas altas. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso situándose entre os 12 e os 21 graos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.
Durante este venres, as condicións irán cambiando grazas á recuperación da influencia anticiclónico coa circulación de aire do nordés. Espéranse ceos moi abertos con temperaturas mínimas en lixeiro descenso, mentres que as máximas manteranse sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte.
Durante o sábado, as Rías Baixas continuarán baixo a influencia anticiclónica, con ventos do norte. Os ceos estarán despexados e as temperaturas situaranse entre os 8 e os 26 graos con vento que soprará do norte.
A mesma situación rexistrarase durante o domingo, xornada electoral, con ceos despexados e ventos do nordés. A influencia anticiclónica continuará ao longo dos primeiros días da última semana de maio. As temperaturas manteranse entre os 13 e os 25 graos.