Comeza a funcionar o comedor escolar do colexio Rosalía de Castro, do Grove
Por Redacción
Tras un grande esforzo de moito tempo e grazas á colaboración entre a ANPA do CEIP Rosalı́a de Castro a Xunta de Galicia e o Concello do Grove, este martes comezou a dar servizo o comedor escolar deste centro, facendo ası́ que todos os centros educativos do municipio conten xa con este servizo.
A construción deste módulo provisional foi posible gracias a un acordo no que o Concello do Grove se fixo cargo de 30.000 euros dos 60.000 nos que estaba orzamentada esta obra.
O acordo chegou en agosto de 2018 logo de moitas negociacións e ante a constatación de que o antigo edificio dos mestres non tiña viabilidade para acoller este servizo.
Ademais dos cartos asumidos polo Concello para a instalación do módulo, o goberno local tamén se fixo cargo da instalación eléctrica e a fontanerı́a, cun custo que ronda os 3.000 euros, de todo o acondicionamento interior como mesados, fregadoiros, lavalouzas, estractor, etc.. cun custo de 9.371 euros e incluso da instalación das mosquiteiras nas fiestras (cun custo de 736 euros) e, por suposto, os elementos de seguridade (extintor e sinalización de emerxencias).
Este investimento permite, polo tanto, contar co espazo habilitado e grazas ao traballo da ANPA do centro foi posible poñer o servizo a funcionar antes de que rematara o curso.