O sorteo do cuponazo da ONCE premiou a Vilaxoán con 90.000 euros
Por Redacción
O sorteo do Cuponazo da ONCE repartiu 90.000 euros na localidade de Vilaxoán, onde se venderon 3 cupóns premiados con 30.000 euros cada un no sorteo celebrado o pasado venres, 14 de xuño.
Os cupóns premiados foron vendidos por Eugenio Miranda Eidón, que exerce o seu traballo como vendedor de cupón e demais produtos de xogo da ONCE como ambulante no municipio de Vilaxoán.
Eugenio Miranda, natural de Bueu, é discapacitado físico e traballa como vendedor da ONCE dende hai máis de doce anos. Primeiro fíxoo en Lugo e dende hai ano e medio exerce o seu traballo en Vilaxoán. Esta mañá manifestábase contento contento polos premios repartidos, que ao parecer xa se coñece que foron vendidos no centro de Vilaxoán, pero tamén lamentaba o feito de ter devolto outros sete cupóns do número premiado que non conseguiu vender debido á baixada de vendas experimentada dende o inicio da crise.
O o sorteo do venres 14 de xuño repartiu 12 millóns de euros en total. O premio de 9 millóns se fué a Murcia.