Vaipolorío busca voluntariado para limpar o río Cocho na xornada de reflexión
Por Redacción
Este sábado, xornada de reflexión electoral antes da cita coas urnas do domingo 26 de maio, os integrantes da asociación Vaipolorío volverán calzar as botas para levar a cabo a limpeza doutra zona do río dos Gafos.
Nesta ocasión, o colectivo ecoloxista ten previsto desenvolver a súa actividade de limpeza e de mantemento do espazo natural no tramo alto do río dos Gafos, na zona denominada Río Cocho.
A xornada iniciarase ás 10.00 horas e finalizará apróximadamente ás 13.00 horas. Para participar, é necesario que as persoas interesadas confirmen asistencia a través do teléfono 676.842.942 antes do sábado. O colectivo precisa saber cantas persoas queren participar para planificar o traballo de limpeza.