Tres mulleres resultan feridas nunha colisión en Curro
Por Redacción
Tres mulleres resultaban feridas ao sufrir un accidente cando viaxaban nun turismo que circulaba pola estrada PO-531 á altura da parroquia de Curro no municipio de Barro. O vehículo no que circulaban chocaba contra unha furgoneta, segundo os datos facilitados polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia.
O accidente rexistrábase ao redor das 17.20 horas deste martes. Un particular contactaba co 112 Galicia para informar do accidente. Desde este servizo alertábase ao 061 Urxencias Sanitarias, a efectivos da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Pontevedra e aos de Ribadumia, ademais do persoal do equipo de mantemento de estrada.
Cando chegaron ata o lugar os efectivos sanitarios comprobaban que as mulleres non se atopaban atrapadas e puideron atender ás tres mulleres feridas sen necesidade de que se tivese que poñer en marcha unha intervención para excarceralas.