Detido un mozo por unha agresión sexual a unha menor ocorrida en abril en Pontevedra

Por Natalia Puga
A Policía Nacional detivo un mozo duns vinte anos como presunto responsable da agresión sexual a unha menor coa que tiña unha relación de amizade e á que, segundo denunciou a moza, obrigou a manter relacións sexuais nun lugar apartado, pero ao aire libre.
A detención produciuse na mañá deste martes, pero os feitos ocorreron xa semanas atrás, durante o mes de abril. A moza acudiu a denunciar tempo máis tarde -esta fin de semana- acompañada da súa nai e achegou datos do seu presunto agresor que permitiron o seu arresto. Está previsto que este mesmo martes pase a disposición xudicial.
Os feitos aínda están a ser investigados, pero a Policía Nacional xa ten o testemuño da vítima, unha veciña de Pontevedra de 17 anos que coñecía de antes ao seu agresor. Segundo relatou, quedou con el voluntariamente, pero logo el obrigouna a manter relacións sexuais.
A Policía Naconal tamén investiga outra agresión sexual denunciada por unha muller de 40 anos que presuntamente foi vítima dunha violación e tamén dun episodio de violencia de xénero. O presunto autor é a súa parella, un home que tamén foi detido por estes feitos.
A muller, tamén veciña de Pontevedra, relatou que sufrira agresión física e sexual.
Relacionadas:
-
Absolven por falta de probas un mozo xulgado por agresión sexual a unha menor en Valdecorvos
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía mantén a petición de oito anos de prisión para un mozo acusado de agresión sexual a unha menor en Valdecorvos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Investigan unha denuncia por agresión sexual a unha menor de Marín
Por Natalia Puga | Creada e actualizada