A Universidad Internacional Menéndez Pelayo programa 6 cursos na provincia a pesar da crise
Por Redacción
"Se mantiene el mismo número de cursos que el año pasado en la provincia de Pontevedra", asegura con rotundidade Domingo Bello Janeiro, o novo director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galicia e continúa sinalando que "Pontevedra se merece una apuesta por mantener las actividades y que se estimulen las iniciativas culturales".
Na presentación realizada na Deputación Provincial, Belo Janeiro acompañado pola deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez, indicaron que do 1 ao 5 de xullo, o Museo de Pontevedra acolle o taller Animación cinematográfica Stop Motion con obxectos e plastilina. Despois do éxito que obtivo o celebrado en 2012. Segundo o director resulta de interese para os estudantes de Belas Artes e da facultade de Ciencias Sociais.
Do 2 ao 4 de xullo, o Pazo provincial da Deputación será o escenario para o encontro denominado A xestión sostible dos residuos urbanos: beneficios ambientais, económicos e sociais.
O Museo Etnográfico e do Viño de Cambados contará os días 9 e 10 de xullo co encontro Etnografía e antropoloxía: costumes e tradicións cambadesas.
Os outros tres cursos serán en Vigo, Lalín e Gondomar e centraranse respectivamente na alta velocidade ferroviaria en Galicia, no pasado, presente e futuro da terra galega e na explotación multifuncional do monte.
O importe da matrícula por curso é de 123 euros cun desconto do 50% dos alumnos das tres universidades galegas. A Deputación provincial ofrecerá 80 bolsas para calquera dos cursos.
Para máis información, os interesados poden dirixirse a www.uimp.es