RADIO.- 'A Plague Tale: Innocence', os protagonistas inocentes a análise en 'A gruta de Gizamaluke'
Por Redacción
Carlos Pereiro, xestor da revista Morcego, analiza esta semana en PontevedraViva Radio 'A Plague Tale: Innocence'. Un videoxogo de lóxica, acción e aventura desenvolto pola compañía francesa Asobo Studio e publicado por Focus Home Interactive. Leva unha semana no mercado para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One.
E Google fai dobrete nos titulares tecnolóxicos máis recentes. Neste caso é refrencia en 'A gruta de Gizamaluke' porque é o xigante ao que queren facer fronte Microsoft e Sony na industria dos videoxogos en streaming. Así, ante a presenza de Stadia, ambas as compañías anunciaron a súa alianza nese terreo; iso si, só para xogos na nube. É a cuestión sobre a que esta semana debaten Charlie Pereiro e Juan Sanmartín.
Ademais, a actualidade do mundo gamer vén con numerosas referencias, por exemplo: este mesmo martes 21 de maio Phoenix Labs cumpre a súa promesa de lanzar 'Dauntless'. Tamén desde este martes e ata o día 28, podes probar gratis 'Overwatch' con motivo do seu terceiro aniversario. Valve rexistra un novo videoxogo. 'Red Dead Online' abandona a súa fase de probas. 'World of Warcraft Classic' anuncia á súa data de lanzamento. 4A Games fai públicas as datas e prezos das dúas expansións de 'Metro Exodus'.
Relacionadas:
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke despide esta tempada coa retransmisión da E3
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Chega xuño, o mes da E3 e Faro Gaming
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Entérate do que tes que saber sobre o remake de 'Final Fantasy VII'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Borderlands 3' e 'Days Gone', a xuizo dos gamers de 'A gruta de Gizamaluke'
Por Redacción |