Tradición e paciencia espállanse no XIV Encontro de Palilleiras
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Centos de palilleiras procedentes de diferentes puntos de Galicia déronse cita este domingo no XIV Encontro que se desenvolve na cidade do Lérez. No Recinto Feiral do Pazo da Cultura ecoaba o traqueteo das madeiras coas que traballan as mans sempre hábiles destas artistas.
Desde as 10.00 e ata as 19.00 horas, as asistentes, maioritariamente mulleres, que acoden a esta cita en Pontevedra mostran como se elaboran os encaixes máis difíciles.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asistía a este acto, que organiza a asociación A Fieitiña. Nesta ocasión, a lectura do pregón recaeu en María Xosé Dourado, profesora do IES Luís Seoane,
Neste discurso fíxose mención aos intelectuais Isaac Díaz Pardo, que daba emprego a numerosas mulleres da Mariña de Lugo na fábrica de porcelana de Sargadelos; e Luís Seoane, medalla dás Artes 2019.
María Xosé Dourado lembrou que as palilleiras levan a arte da paciencia e da tradición nas súas mans cunha nova forma de narrar que deixa recordos en todos os que observan o seu traballo.