Escolares do Colexio San José de Pontevedra desenvolveron diversas actividades ao longo da semana co obxectivo de reforzar os coñecementos que foron adqurindo ao longo do curso.
Os estudantes viron o funcionamento do forno dunha panadería para comprobar como se crean empanadas, pan e pasteis. O alumnado de primeiro de primaria mantivo contacto tamén con cabalos en Marín, mentres que os de cuarto realizaban a ruta de sendeirismo ao longo do río Almofrei.
Tamén puideron comprobar como é o funcionamento dun composteiro. Dentro do programa 'Revitaliza' da Deputación Provincial, estes pequenos achegáronse ata o composteiro comunitario de Eduardo Pondal e alí puideron entender como se xestiona o compost, despois de ter recibido información en clase ao longo do curso.
Os de sexto de primaria viaxaron a Silleda para participar nunha xornada de xogos tradicionais. Alí recuperaron actividades tradicionais como bolos celtas, bilarda ou chave.
Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Máis información e desactivación na política de cookies.