A troita regresa a Ponte Caldelas para a súa gran festa tras o seu periplo polo rural
Por Redacción
Punto e final para a xira da Festa da Troita polo rural. Unha carpa instalada xunto a Casa do Pobo de Regodobargo serviu para acoller as 500 persoas que deron conta de máis de 130 quilos de peixe e das sobremesas preparadas pola veciñanza.
A festa incluíu tamén a actuación de catro grupos de música popular, que amenizaron a noite desta 'troitada' ata altas horas.
A Festa da Troita polo rural, que comezou a celebrarse hai catro anos con motivo do 50 aniversario do evento, bateu este ano todos os rexistros anteriores. As primeiras estimacións falan de preto de 2.000 quilos de peixe consumido (500 máis que o ano pasado) nas 27 paradas do evento pola práctica totalidade dos pobos de Ponte Caldelas.
O equipo da troita descansa este venres e mañá sábado retoma a súa actividade coa Festa da Troita do centro urbano de Ponte Caldelas, que encherá a fin de semana e na que se agarda tamén unha moi importante afluencia, na liña co sucedido nos últimos anos.
As casetas de degustacións para probar o prato de troita fritida ou en escabeche (ao prezo de 3 euros) abre ás 19.00 horas o sábado e ás 12.00 e ás 18.30 horas o domingo.
O programa inclúe tamén o habitual concurso de pesca e actuacións diversas. O sábado, ás 23.00 horas subirá ao escenario a orquestra Los Satélites. O domingo, a partir das 18.30 horas, celébrase o festival folclórico cos grupos Os Coribantes e Os Catro Ventos.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas organiza un certame de fotografía, cartelería e redacción para a Festa da Troita
Por Redacción |
-
Noa Martínez e Gabriel López, gañadores do concurso de redacción da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Un cartel co río Verdugo como protagonista gaña o concurso da Festa da Troita
Por Redacción |
-
A 53 edición da Festa da Troita xa ten calendario definitivo
Por Redacción |