Detida unha muller por agredir o seu fillo de 10 anos
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra detivo unha muller, de 40 anos de idade, por un delito de violencia dentro do ámbito familiar xa que, supostamente, agrediu ao seu fillo de 10 anos.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura local, sobre as 20:15 horas do pasado 14 de maio, os axentes municipais foron requiridos por un veciño que manifestou que se atopou cun neno, residente no mesmo inmoble, descalzo, chorando, nervioso e dicindo que a súa nai golpeáralle.
Ante os axentes da Policía, os veciños, manifestaron que é habitual escoitar discusións entre o pequeno e a nai.
O menor presentaba un golpe á altura do pómulo esquerdo así como no pescozo, foi trasladado a Hospital Provincial por unha unidade do 061 e acompañado dunha patrulla da Policía Local.
Os axentes desprazáronse ata o domicilio do neno onde reside xunto ao seu irmán de 13 anos e entrevistáronse coa nai, que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.
A muller recoñeceu ante os axentes que discutira con el polo que foi detida por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar. O pai dos menores fíxose cargo deles.