A Policía Local detén un home como presunto agresor da súa moza nunha discoteca de Benito Corbal
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Pontevedra detiveron un home de 36 anos de idade como presunto autor dun delito de violencia contra as mulleres.
Ás 6:35 da mañá do sábado 15, unha chamada á sala do 092 requiría a presenza da Policía Local na rúa Daniel de la Sota. A persoa que chamaba denunciaba que unha muller fora agredida por un home no interior dunha discoteca. Ata a zona trasladáronse dúas patrullas da policía municipal. Unha delas localiza na rúa Peregrina unha persoa que indica que é testemuña dos feitos e identifica o autor da agresión.
Segundo informa a Policía Local, a segunda patrulla acode ata a rúa Daniel de la Sota onde encontra a muller que manifesta que o seu mozo a agredira no interior dunha discoteca situada na rúa Benito Corbal. Segundo o relato da vítima fora tirada chan e o noivo propináselle varias patadas. Ante a agresión, a muller fuxiu cara á rúa Daniel de la Sota. Unha vez comprobados os feitos, os axentes da Policía local detiveron o home que foi trasladado a comisaría.