Barro e Monte Porrreiro queren garantías na cobertura pediátrica
Por Redacción
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu ao presidente da Asociación O Mirador de Monte Porreiro, Carlos Diéguez, para analizar a situación creada pola prexubilación do pediatra que cubre o servizo no concello de Barro e no barrio de Monte Porreiro.
Nesta reunión acordaron actuar conxuntamente para esixir á consellería que se cubra de forma inmediata a praza de pediatra nestes dous centros de saúde e que se siga prestando o servizo nas mesmas condicións que até o de agora.
O alcalde vai dirixir unha carta ao xerente da área sanitaria reclamando información sobre este asunto.
Tamén convocou para este mesmo mércores aos colectivos que forman parte da Plataforma Pola Sanidade Pública para analizar a situación creada coa prexubilación deste profesional. Será ás 21:00 horas, na Casa do Concello.
Relacionadas:
-
O PP sumase a veciñanza de Barro para esixir ao Sergas o servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Escolares do colexio Marcos da Portela concéntranse para reclamar un pediatra en Monte Porreiro
Por Anxo Lourido |
-
O Sergas garante un pediatra para Monte Porreiro pero recoñece que aínda non ten substituto
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento a cobertura de pediatría en Barro e Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Pontevedra esixe ao Sergas que cubra de xeito "inmediato" a praza de pediatra en Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |