O Centro Méndez Núñez cumpre 30 anos
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este martes uno dos actos que forman parte da celebración do 30 aniversario do Centro Méndez Núñez, pertencente á Asociación de discapacitados intelectuais Virxe da O.
O programa incluíu moito baile e música, mesmo unha zarzuela e rescatou a primeira obra que representaron os usuarios hai máis de 20 anos.
O Centro Méndez Núñez desenvolve a súa actividade con persoas con discapacidade intelectual con necesidade de apoio límite e intermitente con idades comprendidas entre os 16 e 64 anos. Comprende centro ocupacional e vivenda tutelada.
O seu obxectivo fundamental é darlles un apoio integral para lograr a mellor calidade de vida posible.
Na actualidade, ten un contrato de xestión de servizos públicos na modalidade de concerto coa Xunta de Galicia, cos seguintes tipos de prazas: ocupacionais (media pensión), internado, internado sen fins de semana e prazas de respiro familiar.