Poio celebra o Día das Letras Galegas con diversas actividades
Por Redacción
O Concello de Poio organiza diferentes actividades para festexar o Día das Letras Galegas.
Así, na Biblioteca Municipal os interesados en achegarse á figura do autor homenaxeado este ano Antón Fraguas poderán facelo consultando o punto de interese coas súas obras.
Por outra banda, os centros de ensino do municipio, recibirán ao longo destas días un lote de libros galegos, para fomentar a lectura e ampliar os fondos propios de cada unha das súas bibliotecas nesta lingua.
Para este sábado 11 de maio, ás 21.00 horas, Poio Escena programa Encontros de Teatro Aficionado no Centro Cultural Xaime Illa Couto.
E o venres 17 de maio ás 11:00 horas no Peirao de Raxó terá lugar a Carreira Popular Pola Lingua e nesta mesma xornada ás 19 horas farase entrega dos premios do concurso literario Xaime Illa Couto.
Tamén haberá un faladoiro "Lingua Galega e Mocidade", a cargo da Asociación A Vella Escola, que van explicar a súa experiencia no traballo diario o rapazada a través dos grupos de normalización lingüística de diferentes centros de ensino. Exhibición de celograffitti, a cargo tamén desta organización, así como unha actuación musical de rap en galego.