Cuntis adquire unha cisterna para a loita contra incendios de cara a este verán
Por Redacción
O Concello de Cuntis adquiríu unha cisterna de 5.000 litros de capacidade para mellorar o equipamento municipal de loita contra incendios forestais. O remolque será conectado a un dos tractores do Concello e o custe ascende a 4.000 euros. Foi sufragado na súa totalidade con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
A intención do goberno local é que a cisterna sexa empregada unicamente para apagar lumes forestais cando sexa necesario durante o verán, pero tamén será utilizada para outras actividades como mantenemento e limpeza das depuradoras do rural de Cuntis.
O investimento de 7.000 euros, que proceden do Plan Concellos 2019 contará cun novo set de bombas para as depuradoras. Están valoradas en 3.000 euros e serán imprescindibles para garantir o bo funcionamento destas estacións de limpeza de augas residuais.