Cans e gatos, á espera dunha adopción ou dun padriño
Por Anxo Lourido
Achégase o período de vacacións e as asociacións protectoras de animais xa témense outro verán de abandono masivo de cans.
Carmen Vázquez, vicepresidente da asociación protectora Os Palleiros, confesa que nas últimas semanas xa se encontraron con camadas enteiras de cachorros abandonados no ámbito da canceira de Campañó: "Ha habido camadas de 9, de 6, de 5. La gente va de vacaciones y no los pueden llevar y nosotros estamos masificados".
A canceira conta con máis de 140 cans neste momento cando o espazo está previsto para menos de 120. En xuño comezarán as obras de mellora das instalacións e se os abandonos continúan, o vicepresidente Dos palleiros cre que "va a ser un caos". Por iso promoven durante este sábado 15 unha nova campaña de adopción e de apadriñamento de cans na Praza de Ourense.
Os interesados só teñen que asinar un contrato de adopción e pagar 35 euros polos gastos do chip, da primeira vacina e a desparasitación. "No nos cubre nada pero así fomentamos las adopciones en este momento de crisis. Ya no nos importa a nivel económico que nos cueste dinero. Nos importa que los animales tengan un hogar", afirma.
Carmen Vázquez indica que hai cans que o pasaron moi mal e sinala a Senda e Mos, "fueron rescatados de una casa en Rianxo que tenían el síndrome de Noé y acumulaban perros en condiciones lamentables. Llegaron a la protectora y se han ido sociabilizando poco a poco". Agora buscan un fogar no que lles ofrezan cariño.
Existe tamén a opción de apadriñalos que funciona moi ben: "la gente paga una cuota flexible y les hace ilusión porque aparecen reflejados en Facebook y todo funciona en cadena de manera que cada vez se apadrinan más. Les traen pipetas, pienso y, de vez en cuando, los sacan a pasear".
E desta forma, decenas de persoas achéganse ata a Praza de Ourense para preguntar polos cans de Os Palleiros e os gatos da asociación Difusión Felina, para participar nas actividades como un concurso de debuxo para nenos e, por suposto, a coñecer a algunhas das mascotas que se encontran no posto de promoción que se engloba dentro da campaña Yes we can. ÿ posible que algunha delas atope hoxe un novo fogar.