AMA América participa na instalación dun monumento a Santiago Apóstolo en Guayaquil
AMA América fortalece a súa presenza activa en Ecuador e estreita vínculos co país. Nos últimos días participou na instalación do monumento a Santiago Apóstolo en Guayaquil (Ecuador), un proxecto liderado polo alcalde, Jaime Nebot, e o embaixador de España, Carlos Abella, que foi inaugurado hoxe.
En palabras do presidente de AMA América, o doutor Diego Murillo, "como organización sin ánimo de lucro y también como reflejo de nuestro compromiso y unión con Ecuador, no podíamos dejar de formar parte de este proyecto". "Por eso - continuou - fuimos los primeros en confirmar nuestra colaboración". Según Murillo, "Guayaquil tiene mucha importancia en los planes de desarrollo y crecimiento de AMA América, motivo por el que es el emplazamiento de la nueva oficina que inauguramos este mismo mes", despois das existentes en Quito e en Portoviejo.
Desde o seu establecemento en Ecuador, fai xa catro anos, AMA América non fixo máis que crecer, consolidándose como referente do sector asegurador no país. O negocio aumentou no primeiro trimestre do ano ata un 300% respecto ao mesmo período do ano anterior.
O seguro de Responsabilidade Civil Profesional é, sen dúbida, o ramo que experimentou un maior crecemento en Ecuador. Os 25 anos de experiencia asegurando a responsabilidade profesional e a especialización no sector sanitario son dúas das claves do éxito do AMA en Ecuador, en liña co que acontece en España, onde a compañía foi distinguida recentemente co Premio á Aseguradora de Responsabilidade Civil Profesional do Ano.
Traballar para ofrecer seguridade e tranquilidade aos pacientes e aos profesionais do ámbito da saúde é o principal obxectivo de A.M.A., o que implica tamén reducir a alta sinistralidade do sector. A xuízo de Murillo, "un correcto manejo de la historia clínica y del consentimiento informado; el cumplimiento de los protocolos nacionales e internacionales de atención a los pacientes y que los profesionales se mantengan actualizados e informados son algunos de los puntos de trabajo y sobre los que A.M.A. ofrece su apoyo a través de formación y foros, entre otros".
Outro dos retos que a aseguradora ten para este ano en Ecuador é crecer no ramo de vehículos, un área na que conseguiu unha demanda sen precedentes.
Relacionadas:
-
O seguro de autos de AMA, elixido de novo o mellor en satisfacción polos consumidores, segundo a OCU
Por Redacción |
-
A.M.A. sitúase á cabeza do ranking de aplicacións móbiles no sector das aseguradoras
Por Noticia patrocinada |
-
AMA Vida, galardonada como a mellor aseguradora de servizos sanitarios
Por Noticia patrocinada |