Globos e bicos solidarios para conmemorar no Provincial o Día do Neno Hospitalizado
Por Redacción
O Hospital Provincial, onde se concentra a área de pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, conmemorou este luns o Día do Neno Hospitalizado, unha xornada para sensibilizar a toda a sociedade sobre a importancia de facer que a estancia nos hospitais sexa o máis agradable posible para os máis pequenos.
Persoal de Pediatría elaborou un vídeo musical alegórico a esta xornada e ademais colocáronse globos vermellos con bicos estampados en diferentes estancias e nalgunhas habitacións.
Os nenos e nenas ingresadas recibiron tamén contos infantís dos Bolechas e beizos vermellos que foron preparados artesanalmente por persoal e familiares dos cativos.
A celebración incluíu a interpretación da canción Un mar de besos, por parte de profesionais sanitarios, responsables da dirección do hospital, alumnos do colexio SEK Atlántico, familiares e os propios pacientes.
Esta iniciativa de humanización da EOXI, na que colaborou a Fundación Atresmedia e o colexio SEK Atlántico, ten como obxectivo institucionalizar o 13 de maio a nivel internacional como data oficial para a render homenaxe aos pequenos e ás súas familias.
Relacionadas:
-
Os nenos e nenas ingresados no Hospital Provincial reciben a visita de xogadores e adestradores do Pontevedra
Por Redacción |
-
Queres ser doante de leite materna? Coñece como podes axudar a neonatos e bebés enfermos no Hospital Provincial
Por Anxo Lourido |
-
Aprendendo a salvar vidas coas súas propias mans
Por Redacción & Mónica Patxot |