Os bombeiros rescatan da súa casa unha persoa maior accidentada
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Segundo os datos recollidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en Galicia 278.600 persoas viven soas. Isto supón algo máis do 10% dos galegos.
En 128.800 destes fogares unipersoais viven persoas de 65 ou máis anos. Maioritariamente mulleres.
Entre as tarefas que ocupan habitualmente á policía e os bombeiros atópanse os servizos humanitarios. Moitos deles son chamadas de auxilio de persoas maiores que necesitan axuda, por exemplo, para poder levantarse despois de caer na súa propia casa.
En ocasións son os propios veciños o que alertan, ao escoitar os berros de socorro ou ante a estrañeza por non ter noticias dun dos residentes do edificio.
A intervención dos bombeiros deste sábado en Pontevedra foi un deses casos, aínda que o emprego do camión escaleira fixo que todo fora máis rechamante.