Denuncian que o Sergas non cumpre os servizos mínimos do PAC de Caldas
Por Oskar Viéitez
Cúmprense 17 meses de protestas en activo do colectivo de traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) contra a xestión que está a facer o Sergas e o persoal sanitario segue denunciando o mal funcionamento deste servizo autonómico.
Segundo a información facilitada polo colectivo 'PACs en pé de guerra' o propio persoal de Caldas de Reis tivo que solucionar a falta de médicos para completar os servizos mínimos do centro.
Desde este domingo a médica que debe cubrir a garda de 24 horas, atópase que está soa ao comezo da mesma, cando deberían ser dúas os facultativos en horario de 8 a 22 horas. Esta irregularidade foi posta en conocimeinto do directivo de garda e este confírmalle, segundo informa este colectivo, que non atoparon persoal dispoñible para realizar esta garda.
Ante tal situación e co fin de evitar posibles incidencias graves e poder garantir unha asistencia correcta, o persoal de servizo tivo que buscar entre os seus amigos profesionais médicos un substituto para esta garda.
Este PAC asume a asistencia (urxencias en domicilios, consultas en centro de saúde e vía pública) para ao poboación dos municipios de Caldas de Reis, Moraña, Portas e Cuntis.
Desde 'PACs en pé de guerra' critica que "os responsables desta xerencia, se tomen tan á lixeira a asistencia sanitaria urxente da poboación e os servizos mínimos establecidos para esta folga de Pacs".
MENSAXE DE APOIO
Por outra banda, a plataforma 'PACs en pé de guerra' enviaron unha mensaxe de apoio ao colectivo de "Enfermeiras eventuais en Loita e en Loito", que tamén cumpren ano e medio reivindicando unhas condicións laborais dignas e melloras na calidade asistencial.
"Moita sorte hoxe na OPE Negra e que teñades un moi bo Día Internacional da Enfermería", desexáronlles.
Relacionadas:
-
O Sergas reclama a cesión dun terreo ao Concello de Caldas para crear o novo centro de saúde
Por Redacción |
-
O xerente da área sanitaria afirma que a folga nos PAC non ten "demasiada incidencia"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Vixilia nocturna nos Puntos de Atención Continuada, que seguen en pé de guerra
Por Redacción |
-
Continúa a folga nos PAC's despois de que a maioría votara en contra da oferta do Sergas
Por Anxo Lourido |
-
O persoal dos PAC da área de Pontevedra rexeita o documento do Sergas e segue en pé de guerra
Por Redacción |