O festival do Princesa Letizia sorprende pola súa orixinalidade
Por Redacción
O VII festival solidario que celebra o Centro Princesa Letizia sorprendeu pola orixinalidade e a participación do público.
Amencer-Aspace celebrou este sábado no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o seu tradicional festival anual. Nesta ocasión, o escenario converteuse na pasarela perfecta para ver pasar a numerosos talentosos, visibilizáronse os valores do esforzo, da solidariedade e da empatía, entre outros, baixo unha posta en escena ao máis puro estilo talent show, con xurado incluído.
O público viviu unha nora de emocións e respondeu con aplausos espontáneos durante todo o festival.
A orixinalidade do formato, con pausas publicitarias que eran montaxes de vídeos, logrou que o público gozase e rise.
Tamén foron moi especiais as actuacións dos alumnos de 4º e 5º do colexio Alfonso VII de Caldas de Reis, un exemplo de inclusión e un agasallo de educación en valores.
Amencer-Aspace constituída como unha asociación sen ánimo de lucro desde 1991, ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con parálises cerebrais e afíns, fomentando o desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades.