Talan eucaliptos perigosos na zona do Redondo na Illa da Toxa
Por Redacción
O Concello do Grove está a realizar traballos durante as últimas horas para acometer a tala de eucaliptos na zona do Redondo. Neste espazo, as pólas das árbores atopábanse nalgúns casos en mal estado e con posibilidades de desprenderse co conseguinte perigo para os viandantes.
A través dun guindastre con brazo telescópico leváronse a cabo estes traballos, que terán continuidade durante a vindeira semana coa tala doutras árbores que se atopan en mal estado na contorna da Illa da Toxa.
Entre as intervencións previstas se encontra a do corte dunha póla de eucalipto de considerable tamaño que está a causar danos, cada vez que sopla vento forte, no tellado do pavillón do Colexio de Conmeniño, segundo informa o goberno local.