Crema de mexillóns gourmet Pescamar
Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita perfecta para servir como entrante e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón.
Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".
Para preparar unha saborosa Crema de mexillóns gourmet Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar
- 1/4 l de caldo de mexillóns
- Sal
- Nata
- Un chorriño de brandy
- Para a salsa bechamel:
- 1/2 l de leite
- 70 g de manteiga
- 70 g de fariña
- sal e pementa branca
- noz moscada
Preparación:
Preparamos a salsa bechamel mesturando a manteiga, a fariña e o leite. Cocemos a mestura a lume lento e remexemos ata conseguir unha salsa cremosa. A continuación, engadimos sal, pementa e noz moscada, ao gusto. Reservamos.
Escorremos as dúas latas de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar e procedemos a realizar un puré fino e peneirado, ao que lle imos engadindo o caldo dunha cocción anterior de mexillóns ata obter a textura desexada.
Agregamos ao puré a salsa bechamel, perfumamos con brandy e fervemos 5 minutos coidando que non se pegue. Poñemos a punto de sal e suavizamos con nata líquida.
Presentamos en cunca de consomé e, se se desexa, pódese decorar cunhas pingas do mollo da lata de mexillóns ou unhas febras de azafrán.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
'Bruschetta' ao atún Pescamar con tomate e beicon
Por Noticia patrocinada |
-
Pastel salgado de atún claro Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Pementos do 'piquillo' recheos de brandada de bacallau Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Pementos do 'piquillo' recheos de atún Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Pastel de salmón con filetes de xarda Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Empanadillas de mexillóns en escabeche Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
'Fajitas' de mexillón gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Paella mediterránea con berberechos e mexillóns Pescamar
Por Noticia patrocinada |